domingo, 30 de diciembre de 2012

Tutorial: Noitevella para presumidas

Olaa de novo!!
que tal as festas?? para min están sendo normaliñas, pero ben.
Hoxe, despois de varios días, traiovos un tutorial de maquillaxe. A idea ocorreuselle a miña irmá, Juncal, e vin que podía ser útil para as mulleres neste caso! jajaja. De que se trata? pois de maquillaxe de ollos axeitado para o Nadal, imaxinarédevos que é con moito brillo... non sei quen foi o que dixo unha vez, que en Nadal valía de todo ou case todo á hora de maquillarse, a verdade e que ás veces dubidoo. Este post vai adicado para a noite de Fin de Ano, asi que aínda podedes sacar algunha idea de cara mañá.
A maquillaxe foi feita por Juncal e a idea tamén foi dela.

Desta vez non puiden sacar as fotos ca reflex, polo que a calidade ao mellor é peor... sintoo!!

Pois ímos alá!! espero que vos guste!


viernes, 21 de diciembre de 2012

Doce Nadal

Bos días!!

Xa estamos case case metidos no Nadal, un dos sinais é o sorteo do gordo deste sábado, que dende aquí espero que máis ou menos todos teñamos algo de sorte.
Para este finde propóñovos nova receita. Un postre, unha merenda, ou porque non...un regalo??
Xa prometera que faría un post algo máis propio destas datas, e este pareceume útil e sinxelo.

Imaxinadesvos un biscoito con mascarpone e chocolate fondant?? Pois deixade de imaxinar e poñédevos a ler!!
aquí comezamos unha viaxe doce!



CAKE POPS
receita


miércoles, 19 de diciembre de 2012

Guacamole mexicano

Boas tardes!!
Sen tempo non era a verdade, pero aquí volvo de novo. Hoxe volvo a traer receita, moi sinxela e fácil de facer, guacamole mexicano!! É ideal para ceas ou comidas de picoteo, como tapa, para merenda, ceas lixeiras, etc, ahí é onde cada un elixe.
Fai uns días eu e a miña amiga Tareixa, falabamos do guacamole e de como facelo. E entre a súa receita e a que eu coñecía gracias a un amigo mexicano, decidín poñerme mans á obra.
Como todo, supoño que haberá moitas versións, pero esta é a que considero máis mexicana por probalo directamente feito por un mexicano.

Pois imos alá!!

lunes, 10 de diciembre de 2012

Ephemeral light

Bos e friíiiisimos días!!

Que tal a finde?? espero que fora ben, a pesar deste frío invernal que non deixa subir a temperatura máis de 2ºC positivos... Eu a pesar diso, saín da casa... e vaia se saín!!! Eu, abrigada, e Tamara como podía, jaja, e digo como podía porque, baixo as miñas "ordes" tivo que pasar algo de frío.
Baixo un sol de case inverno e con 4º de temperatura, marchamos as dúas á praia, a un clariescuro bosque cheo de eucaliptos, a un antigo palco onde cada ano se toca algo, ás paredes de pedra de Galicia, e a un dos novos artes de expresión.
Carai! non é pouca a lista non?? e que fomos?? diredes... Dende hai tempo tiñamos este proxecto pensado, tanto por ela, como por min e as miñas ganas de experimentar e aprender. A luz. Esa luz. Ephemeral lignt.

Comezamos...


viernes, 7 de diciembre de 2012

Handmade :)

Bos días!!

e por fin é venres!! dirán algúns! os que non puideron desfrutar do festivo seguro que o din. Pois é venres si, e mirando pola ventá, vese que o tempo non acompaña nadiña, aínda que para a finde vai cambiar a cousa.

Hoxe ademáis do post que vos traio, querovos deixar un enlace con actividades que haberá en Lugo nos próximos días, por se vos interesa. Son do departamento de cultura da USC. Podedes ver a listaxe aquí.

Sen máis dilacións, ímos ao que toca!!



martes, 4 de diciembre de 2012

DIY: reciclando uns pantalóns vellos

Boas tardes!

Novo post de reciclaxe, e desta vez tócalle á roupa.
Esta fin de semana remexendo nun armario da casa, atopeime con uns pantalóns que por lo menos deben ter uns 7 anos, xa nin me acordaba deles! Asi que, pensei que serían perfectos para transformar, xa que me sirven, e tal e como estaban non os ía a poñer.

A idea que tiven para eles é facelos curtos, e darlles un toque moi sinxelo, o peor de todo é coser, e máis cando non tes máquina á man para facelo, e o tes que facer ti a pulso! Pero aínda así mereceu a pena, e tampouco levou tanto tempo.

Ímos alá!


viernes, 30 de noviembre de 2012

Break the Ice

Bos días a todos!!

Rematamos a semana con frío, e neve nas montañas. Hoxe deixovos imaxes que saquei durante estos días en diferentes sitios, en Lugo, na Terra Chá, etc, en todas elas se ve o frío e as xeadas que vive esta terra cada outono e cada inverno. Simplemente traiovos un pequeno trozo desta estación que dá pé á seguinte...

Dentro de nada xa está ahí o Nadal, aver se preparo algún post dedicado a estas datas.

Ah!! como vedes fixen lavado de cara do blog...todavía ando experimentando con el...deseños, plantillas, fondos... logo me animarei con enlaces e gadgets jajaja aver que poño!

Sen máis, pasade unha finde agradable!! e empezade o novo mes como se merece!!

ata lernos!


lunes, 26 de noviembre de 2012

Arrecendo á albahaca

Ola de novo!!
Despois de varios días sen actulizar por uns motivos e por outros, hoxe tócalle!
Como xa prometín no anterior post, un día ía tocar receita que non fose doce, e como este sábado tiven un pouco de tempo para cociñar, decidín que hoxe era o día para compartila.

Listos para disfrutar dunha auténtica pizza caseira?? Pois imos alá!!


miércoles, 14 de noviembre de 2012

hotcakes/pancakes/tortitas :)

Boas tardes!!
Hai moitas formas de chamalas, e esas son unhas delas. Tradicionalmente son típicas da cultura americana, pero nós aquí tamén temos as nosas "tortitas", as ben ricas filloas ou freixós (con moitos nomes tamén segundo a zona).
As hotcakes ou tortitas lembran a aquela época dourada dos anos 50 norteamericanos, onde nos "coffee-diners" ou bares de estrada era un prato estrela xunto cunha cunca de café. Sona moito a película, non si??
a verdade e que sí, jajaja, vénseme á cabeza Grease. O certo é, que sexa ese topicazo ou non, están moi boas! e hoxe eu traiovos aquí a receita (a miña, haberá máis non o dubido), polo tanto nova receita no blog! volve a ser un doce, seino, pero é algo que fago moito. Algún día caerá tamén algún prato.


Comezamos!!!


INGREDINTES:
  • 4 ovos medianos (se son da casa mooooito mellor!)
  • 300gr de fariña de repostaría
  • 3 culleres sopeiras de azúcre
  • media culler de azúcre vainillado (haino en sobres ou en tarriños como o que veredes aquí)
  • un vaso de leite (enteiro, semi ou desnatado, a gusto!)
  • unha pizca de sal (eu ás veces non o boto)



PREPARACIÓN:

Nun bol, botamos os ovos, as tres culleres de azucar e o azúcre vainillado. Batemos ata que se disolva o azúcre e vexamos que o líquido colle volume (coas típicas burbullas).




Unha vez que teñamos ben batido podemos engadir a pizca de sal. Seguidamente incorporamos o vaso de leite.



Unha vez botado o leite e batido ben, o resultado é o que se ve na foto de arriba. 
Agora, hai que botar a fariña, pouco a pouco e batendo ao mesmo tempo. Para evitar os grumos (as boliñas de fariña) imos a pasar a fariña polo coador, en pequenas cantidades, e batendo a medida que vaiamos incorporando.
Deste xeito...


Cando rematemos a fariña, seguimos batendo un pouco máis para dar volume e "esponxidade" á masa, para que máis ou menos quede así...



e listo!! a masa xa está feita! Agora só queda cociñalas. Para elo, ides a coller unha tixola antiadeherente e poñela á quentar a fogo medio, ata que estea ben quente. 



Logo, coa axuda dun cazo de sopa, colledes unha pequena cantidade de masa, como unhas 3/4 partes da capacidade do cazo, aproximadamente, e botadela xusto no medio da tixola, sen moverse, xa que a masa irase esparcindo soa, desta forma garantides que a tortita quede circular :)


Unha vez que xa botedes a masa na tixola, tedes que esperar á que comece á facer burbullas e o borde da tortita comece a coller consistencia para darlle a volta coa axuda dunha espátula de plástico (evitaredes raiar a tixola) máis ou menos así...


dámoslle a volta...


Deixamola uns segundos unha vez que lle damos á volta, e...

et voilà!!! hotcakes listos!!




Repetide o mesmo ata rematar a masa. :)

Logo a presentación corre a gusto de cada un, pero unhas pequenas ideas son sirope de fresa ou chocolate (como se ve na imaxe), nata, mel, nutella, mermeladas.... 
Son unha boa idea para o almorzo ou para unha merenda...

Espero que vos guste!! e que as fagades!!

Bo proveito!!  :)

miércoles, 7 de noviembre de 2012

Recycling!!

Despois dunha semana, volvo á carga!!
Hoxe traivos unha forma de como aprobeitar os xornais vellos que temos pola casa. Para todos aqueles que queirades dar un regalo dunha forma orixinal, ou teñades un comercio (e paciencia, neste caso!) ou simplemente vos gusten as manualidades, esta é unha forma sinxela de sacarlle partido a cantidade de xornais que se tiran ao lixo (entre outras).

Pois comezamos!!

Primeiro reclutar o material:

* 3 follas de xornal vello (as que máis vos gusten)
* 1 barra de pegamento
* cinta métrica
* tesoiras
* un rotulador negro (para marcar)
* unha bolsa de papel das de tenda (para ter un modelo de referencia en canto as medidas)







O seguinte paso e medir o largo e ancho da bolsa escollida (previamente aberta de todo como se ve na imaxe) para mediante unha regla ou a mesma cinta métrica marcar as dimensión no xornal, coa axuda do rotulador. Tamén podedes collela e utilizala como patrón, marcando o contorno. Unha vez que o contorno está marcado, hai que marcar todos os pliegues verticais para saber por onde hai que dobrar. O fondo da bolsa, non é necesario marcalo, xa que cando vaiamos a cerrala xa ides ver por onde se ten que doblar, ademáis lembrade que tedes a bolsa antiga como referencia.

As medidas desta bolsa son 55x35 cm (ancho e largo)



Unha vez que teñades iso listo, hai que pegar as tres follas de xornal coa barra de pegamento, pero ollo!! ide con coidado porque as follas rompen doadamente. Cando xa as teñades pegadas recortades todo o perímetro da bolsa, e de seguido comezades a dobrar, deixando a parte marcada hacia dentro.
Na imaxe de arriba, vedes que a esquerda hai unha liña discontinua que marca unha pequena pestaña, esa pestana é aque vai cerrar a bolsa e vai ir pegada polo interior á outra cara da mesma.
Todas as liñas discontinuas que marquei indican as dobladuras.
Unha vez que fagades as dobladuras, so queda cerrala polo lateral, e rematar o fondo da mesma ou a base. Para iso, fixadevos ben na bolsa modelo veredes que ao dobrar quedan dúas solapas por cada cara da bolsa formando un triángulo, só vos queda dobrar ben e pegar.




Aprobeitei as ásas da bolsa anterior, para poñelas na nova, pero tamén as podedes facer con xornal, só tedes que empregar certa cantidade para que queden consistentes e cola, ou podedes empregar lazos, retais de telas, lá, cordón de cáñamo, etc...

E finalmete, e facendo a dobladura final ( a que plega as bolsas por completo deixandoas planas) o resultado foi este...



Veredes que a min me quedaron as marcas por fóra!! pero cando me decatei xa a tiña rematada!!

Sacando este pequeno detalle, espero que vos guste e que vos animedes á facela!


Ata outro post!!

aburiño!

miércoles, 31 de octubre de 2012

Día dos mortos

Hoxe estamos na víspera do día de todos os santos, e como sabedes cada cultura ten a súa forma de celebralo. Non sei se en todas todas ocorre este fenómeno cultural, o que sí, e que sen querelo, a sociedade adopta culturas ou costumes doutras. Sen ir máis lonxe, nós (e non só nós) estamos pouco a pouco adoptando a cultura anglosaxona procedente de norteamérica, o chamado Halloween. Esta festa que precede o día de todos os santos, é un fenómeno cultural en toda norteamérica, pero nós, en Galicia tamén temos as nosas tradicións, lendas e costumes que preceden a este día. Supoño que o marketing e o consumo que xera a anglosaxona, levouna a acadar tanta fama, e supoño que tamén porque se dá no país máis influínte do mundo...


as lambetadas para o famoso trick or treat.


Pero non só, en norteamérica se veneran ós mortos. Puiden comprobar na viaxe a México que fixen hai un par de anos, que alí (e moi arraigadamente) se celebra esta festividade, e dunha maneira ben curiosa. Fanse ofrendas de alimentos de toda clase, elaborados, cultivados, etc, adornados altares improvisados cheos de ofrendas e reliquias, e tamén das famosas caveiras mexicanas, tan bonitas! eu trouxen unha algo pequena pero por min houbera traido moitas máis!

foto que saquei por non poder levalas todas :(

exemplo de altar mexicano (esta foto non é miña)



Pero xa dixen que nós temos as nosas crenzas, tradicións e costumes, tanto rituais como culinarias. Hoxe as floristerías non darán abasto (tendo en conta a xa tan famosa crise), porque mañá hai que adornar tumbas, nichos, panteóns e cemiterios. Crisantemos e caraveis serán os protagonistas deste día, e os mortos claro está. E haberá misas e misas (día dos curas tamén claro está! e sen ofenderrrr) onde cada un a súa maneira lembrará ao seu ser querido.
Pero de toda parte triste tamén se saca unha boa, ou doce neste caso. Supoño que todos sabedes o que son  os ósos de santo?? claaaarooo eses doces que veñen unha vez ao ano como veñen as setas e as castañas, ou os ferrero rocher...jajaja, bromas a parte, máis dalgún e dalgunha estaba esperando esta época do ano e probar e remomorar o sabor deste doce.

http://www.crtvg.es/informativos/doces-tipicos-de-todolos-santos-158432#.UJERS29mJYU

É tempo tamén de mouchos, curuxas, sapos e bruxas... así comeza o noso conxuro para preparar a queimada, polo tanto tamén é tempo da mesma! día de mortos, día de santos, magostos, queimadas...o caso é rememorar estas costumes milenarias, porque ben vedes que ao final.... todo son boas costumes!
E claro, falar da queimada é falar de bebida espirituosa, e falar de bebida espirituosa é falar dos licores que temos nesta terra, de café, de oruxo, de herbas, de crema... e de moitos outros máis modernos.

opción de peli para estes días


Que ao final, cada un ten as súas formas de celebrar as cousas....polo que estos só son exemplos máis socializados, pero ao fin trátase de pasalo ben e de celebrar algo. Supoño que me quedaron moitas cousas que nomear e outras que non coñezo.
Pois felizzz día dos mortos, das meigas, de todos os santos, feliz halloween, e o que queirades!!

Aburiño!!

lunes, 29 de octubre de 2012

Sweet morning :)

Onte foi un día moi completo, ademáis de xogar ao basket pola tarde co equipo, pola maña fixen unha escapada a praia. Facía frio pero mereceu a pena ir. Sol, dunas, mar, vento....había unha imaxe no ambiente que, a pesar do sol, indicaba que o inverno está ao chegar. Tes esa sensación de que é claramente un día outonal de todo.
Aprobeitamos para sacar algunha foto e dar un longo paseo pola praia.







A verdade e que quero máis días como este, e gústame máis a praia así de deserta no inverno, é totalmente outra cousa que cando a ves no verán. Dende logo é máis virxe, como doutro tempo.
Lume pasouno como o que é, un enanooo de 7 meses, gústabanlle as algas, a escuma do mar....e corría e corría pola area coma unha lebre no monte...era precioso velo :) , está grande e forte, e o pelo...non hai máis que ver ese vermello que ten!! non estaría mal ter esa cor, non credes? cuestións estéticas a parte, creo que lle quedaron, quedaronnos, ganas de volver. :)

Deixovos xa, cunha imaxe do Lume cando era un puppie de dous mesiños.

Aburiño!!

que cousiña era! :)

viernes, 26 de octubre de 2012

Cogomelos, castañas e outono

Hai quen dí, que a mellor época do ano é o verán, outros a primavera...pero para min (aínda que con esas dúas tamén son feliz.... :D ) o outono é das estacións máis bonitas, e non tanto por que chove e é a antesala do inverno, senón pola variedade de recursos e oportunidades que ofrece.



Mañá, sairei a "setear" pola mañá, con miña prima e algúns máis, e a parte de intentar facer unha colleita de lepiotas, boletus e níscalos (libro en man!!) espero poder ver outras e coñecer outras, que aínda que non sirvan para comer (que me encantan as setas) por lo menos para retratalas, xa que algunhas, aínda que venenosas, son moi fotoxénicas!!


Estas que saco aquí arriba, son lepiotas  (macrolepiota procera), hai unha clase de lepiota que é tóxica (é máis pequena que a que ensino aquí) entón hai que ter coidado con elas. Unha característica destas é que non teñen unha durabilidade como pode ter a boletus, polo que en canto se recollen hai que comelas en poucas horas, se as deixas un día ou algo máis, xa non valen, porque enseguida se estropean. Por iso estas, creo que non as atopas en conserva ou (creo) no mercado.



Esta de arriba, non sei que clase é, tamén ten unha forma pouco definida... pero pareceume curiosa para retratala, :D


Máis lepiotas



E finalmente, tamén é epoca das castañas (viva!). Esta temporada xa comín unhas poucas asadas, que as collín con miña nai, gordas, grandes, brilantes! Pero sempre hai un convidado non desexado... o amiguiño Verme....este animaliño nace despois de que a mariposa poña na época da floración as larvas ou ovos sobre as flores, e máis adiante voila!! inquilino en Dna. Castaña (ata é bo título para un conto infantil!)





Recoméndovos que para apañar as castañas vos poñades guantes, a razón é obvia, e ademáis a velocidade de "apañe" é maior! jaja. Con guantes de goma (dos de fregar os cacharros) xa é suficiente, e logo para evitar na medida do posible o intruso do que falaba antes, é mellor revisar a castaña mirando se ten algún furadiño, así reduces o número de castañas non desexadas. Mirade que a castaña estea tersa, sempre son mellores, e antes de "papealas".... é preciso deixar as castañas a secar durante 10 días como mínimo, e logo si, a cocer, asar ou a preparalas nos mellores pratos otoñais, guisos, guarnición, postres (siiii postres tamén! un flan por exemplo).
Para rematar, deixovos o sendeiro da entrada da casa onde se criou miña avoa e o seus irmáns.

Saudade! e feliz outono!