miércoles, 31 de octubre de 2012

Día dos mortos

Hoxe estamos na víspera do día de todos os santos, e como sabedes cada cultura ten a súa forma de celebralo. Non sei se en todas todas ocorre este fenómeno cultural, o que sí, e que sen querelo, a sociedade adopta culturas ou costumes doutras. Sen ir máis lonxe, nós (e non só nós) estamos pouco a pouco adoptando a cultura anglosaxona procedente de norteamérica, o chamado Halloween. Esta festa que precede o día de todos os santos, é un fenómeno cultural en toda norteamérica, pero nós, en Galicia tamén temos as nosas tradicións, lendas e costumes que preceden a este día. Supoño que o marketing e o consumo que xera a anglosaxona, levouna a acadar tanta fama, e supoño que tamén porque se dá no país máis influínte do mundo...


as lambetadas para o famoso trick or treat.


Pero non só, en norteamérica se veneran ós mortos. Puiden comprobar na viaxe a México que fixen hai un par de anos, que alí (e moi arraigadamente) se celebra esta festividade, e dunha maneira ben curiosa. Fanse ofrendas de alimentos de toda clase, elaborados, cultivados, etc, adornados altares improvisados cheos de ofrendas e reliquias, e tamén das famosas caveiras mexicanas, tan bonitas! eu trouxen unha algo pequena pero por min houbera traido moitas máis!

foto que saquei por non poder levalas todas :(

exemplo de altar mexicano (esta foto non é miña)



Pero xa dixen que nós temos as nosas crenzas, tradicións e costumes, tanto rituais como culinarias. Hoxe as floristerías non darán abasto (tendo en conta a xa tan famosa crise), porque mañá hai que adornar tumbas, nichos, panteóns e cemiterios. Crisantemos e caraveis serán os protagonistas deste día, e os mortos claro está. E haberá misas e misas (día dos curas tamén claro está! e sen ofenderrrr) onde cada un a súa maneira lembrará ao seu ser querido.
Pero de toda parte triste tamén se saca unha boa, ou doce neste caso. Supoño que todos sabedes o que son  os ósos de santo?? claaaarooo eses doces que veñen unha vez ao ano como veñen as setas e as castañas, ou os ferrero rocher...jajaja, bromas a parte, máis dalgún e dalgunha estaba esperando esta época do ano e probar e remomorar o sabor deste doce.

http://www.crtvg.es/informativos/doces-tipicos-de-todolos-santos-158432#.UJERS29mJYU

É tempo tamén de mouchos, curuxas, sapos e bruxas... así comeza o noso conxuro para preparar a queimada, polo tanto tamén é tempo da mesma! día de mortos, día de santos, magostos, queimadas...o caso é rememorar estas costumes milenarias, porque ben vedes que ao final.... todo son boas costumes!
E claro, falar da queimada é falar de bebida espirituosa, e falar de bebida espirituosa é falar dos licores que temos nesta terra, de café, de oruxo, de herbas, de crema... e de moitos outros máis modernos.

opción de peli para estes días


Que ao final, cada un ten as súas formas de celebrar as cousas....polo que estos só son exemplos máis socializados, pero ao fin trátase de pasalo ben e de celebrar algo. Supoño que me quedaron moitas cousas que nomear e outras que non coñezo.
Pois felizzz día dos mortos, das meigas, de todos os santos, feliz halloween, e o que queirades!!

Aburiño!!

lunes, 29 de octubre de 2012

Sweet morning :)

Onte foi un día moi completo, ademáis de xogar ao basket pola tarde co equipo, pola maña fixen unha escapada a praia. Facía frio pero mereceu a pena ir. Sol, dunas, mar, vento....había unha imaxe no ambiente que, a pesar do sol, indicaba que o inverno está ao chegar. Tes esa sensación de que é claramente un día outonal de todo.
Aprobeitamos para sacar algunha foto e dar un longo paseo pola praia.







A verdade e que quero máis días como este, e gústame máis a praia así de deserta no inverno, é totalmente outra cousa que cando a ves no verán. Dende logo é máis virxe, como doutro tempo.
Lume pasouno como o que é, un enanooo de 7 meses, gústabanlle as algas, a escuma do mar....e corría e corría pola area coma unha lebre no monte...era precioso velo :) , está grande e forte, e o pelo...non hai máis que ver ese vermello que ten!! non estaría mal ter esa cor, non credes? cuestións estéticas a parte, creo que lle quedaron, quedaronnos, ganas de volver. :)

Deixovos xa, cunha imaxe do Lume cando era un puppie de dous mesiños.

Aburiño!!

que cousiña era! :)

viernes, 26 de octubre de 2012

Cogomelos, castañas e outono

Hai quen dí, que a mellor época do ano é o verán, outros a primavera...pero para min (aínda que con esas dúas tamén son feliz.... :D ) o outono é das estacións máis bonitas, e non tanto por que chove e é a antesala do inverno, senón pola variedade de recursos e oportunidades que ofrece.



Mañá, sairei a "setear" pola mañá, con miña prima e algúns máis, e a parte de intentar facer unha colleita de lepiotas, boletus e níscalos (libro en man!!) espero poder ver outras e coñecer outras, que aínda que non sirvan para comer (que me encantan as setas) por lo menos para retratalas, xa que algunhas, aínda que venenosas, son moi fotoxénicas!!


Estas que saco aquí arriba, son lepiotas  (macrolepiota procera), hai unha clase de lepiota que é tóxica (é máis pequena que a que ensino aquí) entón hai que ter coidado con elas. Unha característica destas é que non teñen unha durabilidade como pode ter a boletus, polo que en canto se recollen hai que comelas en poucas horas, se as deixas un día ou algo máis, xa non valen, porque enseguida se estropean. Por iso estas, creo que non as atopas en conserva ou (creo) no mercado.



Esta de arriba, non sei que clase é, tamén ten unha forma pouco definida... pero pareceume curiosa para retratala, :D


Máis lepiotas



E finalmente, tamén é epoca das castañas (viva!). Esta temporada xa comín unhas poucas asadas, que as collín con miña nai, gordas, grandes, brilantes! Pero sempre hai un convidado non desexado... o amiguiño Verme....este animaliño nace despois de que a mariposa poña na época da floración as larvas ou ovos sobre as flores, e máis adiante voila!! inquilino en Dna. Castaña (ata é bo título para un conto infantil!)





Recoméndovos que para apañar as castañas vos poñades guantes, a razón é obvia, e ademáis a velocidade de "apañe" é maior! jaja. Con guantes de goma (dos de fregar os cacharros) xa é suficiente, e logo para evitar na medida do posible o intruso do que falaba antes, é mellor revisar a castaña mirando se ten algún furadiño, así reduces o número de castañas non desexadas. Mirade que a castaña estea tersa, sempre son mellores, e antes de "papealas".... é preciso deixar as castañas a secar durante 10 días como mínimo, e logo si, a cocer, asar ou a preparalas nos mellores pratos otoñais, guisos, guarnición, postres (siiii postres tamén! un flan por exemplo).
Para rematar, deixovos o sendeiro da entrada da casa onde se criou miña avoa e o seus irmáns.

Saudade! e feliz outono!


martes, 23 de octubre de 2012

Biscoito de chocolate e améndoas

Hoxe, decidín que toca receita. 
Só o fixen unha vez, pero deume bó resultado, é doado de facer, e sabe moi ben!




Comezamos!!

Ingredintes:

* 4 ovos grandes
* 2 iogures de limón
* 1 vaso de iogur (como medida) de aceite de xirasol
* 3 vasos (de iogur, como medida) de azúcre
* 3 vasos ("                                ") de fariña de respostería
* 1 vaso ("                                  ") de cacao en pó. (nesquik vale)
* 100gr de améndoas moídas
* 1 sobre de levadura 
* nutella
* lacasitos ou m&m's 

Preparación:

Primeiro poñer o forno a quentar a 180ºC. A continuación, tamizar a fariña, a levadura e o cacao 2 ou 3 veces por separado (tamizar=colar), así evitamos que se formen grumos á hora de bater e tamén facemos que a masa quede con máis volume.
Necesitamos un molde de coroa ( de silicona ou metal), que debemos untar de manteiga ou aceite e logo enfariñalo, e reservamos.
Agora, nun bol, batemos os ovos co azúcre (con batidora mellor,eu fixeno á man e...deume moito que faer!!) até que triplique o volume. Seguidamente, e sen deixar de bater, engadimos o aceite, os iogures e finalmente a fariña coa levadura.
Cando xa estea ben mezclada, separamos a metade da masa resultante noutro bol, entón, a unha das masas poñerémoslle as améndoas moídas mezclándoo, e á outra o cacao, mezclándoo tamén. Obteremos así, dúas masas diferentes. 
Agora, collemos o molde de coroa, e iremos vertendo nel as masas, alternando as cores, desta forma cando o biscoito estea listo por dentro veráse cunha forma particular. Unha vez rematado, metémolo no forno, e esperamos uns 45min ou 1h, dependendo do forno.
Cando o retiremos e enfríe, untaremos a parte superior coa nutella, e logo colocaremos os lacasitos ao gusto de cada un.

e...

bo proveito!! :)




viernes, 19 de octubre de 2012

lavado de verán

Comezo, hoxe, a redactar este pequeno espazo, non porque teña que contar nada en especial, pero si por transmitir mediante as miñas fotografías gustos, inquedanzas, rarezas...convertir o sinxelo do día a día en algo importante, porque como ben oín unha vez, no invisible está o realmente valioso.

Fotografía: a miña roupa de verán secando ao sol...até a vindeira temporada estival.

comezamos, hoxe é día 19/10/2012.


    desperezándose da néboa.
moitísimos recordos