martes, 4 de diciembre de 2012

DIY: reciclando uns pantalóns vellos

Boas tardes!

Novo post de reciclaxe, e desta vez tócalle á roupa.
Esta fin de semana remexendo nun armario da casa, atopeime con uns pantalóns que por lo menos deben ter uns 7 anos, xa nin me acordaba deles! Asi que, pensei que serían perfectos para transformar, xa que me sirven, e tal e como estaban non os ía a poñer.

A idea que tiven para eles é facelos curtos, e darlles un toque moi sinxelo, o peor de todo é coser, e máis cando non tes máquina á man para facelo, e o tes que facer ti a pulso! Pero aínda así mereceu a pena, e tampouco levou tanto tempo.

Ímos alá!





MATERIAIS:


  • fío branco e agulla
  • tesoiras
  • un pantalón vello (vaqueiro)
  • tiza de sastre para marcar
  • cinta de puntilla 


Comezámos por marcar os pantalóns coa tiza de sastre, por onde queiramos segundo o cortos que nos gusten.



Logo de cortalos quedarán así...


Unha vez que os cortei, o seguinte que fixen foi coser un dobladillo pola parte dianteira só.


Seguir cosendo ata o final so pola parte de adiante.
Logo collemos a cinta de puntilla e cortamos o trozo necesario para cubrir esa parte que cosimos.


Unha vez que teñamos o tamaño, empezamos a coser a cinta, deixando a metade colgando. Empezamos a coser a cinta polo medio.


Unha vez terminado de coser polo medio, hai que coser a cinta pola parte superior que queda por riba do pantalón, para así asegurar ben a cinta ao pantalón.


Na foto de arriba xa se ve unha cinta cosida de todo, e do lado dereito vese feito o dobladillo. Vedes que é moi caseiro, o mellor e ter máquina, as costuras quedan perfectas.
Por detrás facemos ese efecto doblado hacia arriba pero sen coser, dando só unhas puntadas en certos sitios para que non se desdoble.


E finalmente cosemos unha pequena cinta por detrás, para adornar un bolsillo.




E listos!! fáciles de facer e con poucos recursos!!



espero que vos gustara! e que vos sexa útil para outras ideas!

ata lernos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario