miércoles, 19 de diciembre de 2012

Guacamole mexicano

Boas tardes!!
Sen tempo non era a verdade, pero aquí volvo de novo. Hoxe volvo a traer receita, moi sinxela e fácil de facer, guacamole mexicano!! É ideal para ceas ou comidas de picoteo, como tapa, para merenda, ceas lixeiras, etc, ahí é onde cada un elixe.
Fai uns días eu e a miña amiga Tareixa, falabamos do guacamole e de como facelo. E entre a súa receita e a que eu coñecía gracias a un amigo mexicano, decidín poñerme mans á obra.
Como todo, supoño que haberá moitas versións, pero esta é a que considero máis mexicana por probalo directamente feito por un mexicano.

Pois imos alá!!




Ingredintes: 

  • media cebola pequena
  • medio tomate
  • medio pemento verde (para sustituir ao chili picante ou habanero)
  • 3 aguacates maduros
  • un chorro de zume de lima
  • 2 cayenas (para darlle un toque picante)
  • un pouco de perixel fresco
  • sal

na imaxe vense cherrys pero empreguei un tomate normal


Preparación:

O primeiro e picar a media cebola moi moi finiña, en taquiños moi pequenos. Unha vez cortada, reservar.


Logo, repetimos o mesmo proceso coa metade do tomate, deixando en taquiños moi pequenos. Reservar xunto coa cebola.


Igual, facemos co pemento. Eu empreguei pemento porque na tenda non tiñan o chili habanero, e para darlle o toque picante empreguei as 2 cayenas.


Nesta imaxe vese a cebola, o pemento e o tomate picado e mezclado.

Unha vez mezclado os tres ingredintes anteriores, picamos tamén un pouco de perixel, mezclando tamén, e reservamos.

Agora é o momento de pelar os aguacates. Isto débese facer ao final para evitar que a carne do aguacate se oxide. A continuación vou describir os pasos para pelalo de forma fácil e axeitada.

O primeiro e facer un corte vertical todo ó redor do aguacate.


Para separar as metades so hai que facer xirar unha sobre a outra con axuda das mans. Entón quedará como na imaxe superior.
O seguinte é quitar a semente ou oso, para ilo, damos un golpe seco co coitelo cravándoo na semente e facemolo xirar, e sairá só.


Agora só queda pelalos. Necesitamos unha culler pequena, que a empregaremos para empezar a pelalo.



facemos como se ve na imaxe, axudándonos tamén coas mans. O aguacate ten que estar moi maduro para que sexa fácil facelo, e para que o guacamole estea bo.

Logo nun bol troceamos o aguacate e machacámolo coa axuda dun garfo ata conseguir un puré.


Unha vez feito o puré, exprimimos un pouco a metade da lima nel e tamén un pouco de sal ó gusto. Mezclamos ben. De seguido só nos queda mezclar o reservado (pemento, tomate, cebola...) co aguacate, e así xa teremos listo o noso guacamole!!

Listo para comer coas tortillas chips ou nachos.






Bo proveito!!

Xa vedes que non é nada difícil de facer e pode ser moi boa idea, non?

P.D. Se vos sobra logo de comelo, tedes que gardar a semente introducila no guacamole sobrante, tapar o bol con film e reservar na neveira. :) así evitaredes que se oxide!

ata lernos!!

2 comentarios: