martes, 15 de enero de 2013

"Luz efémera". Exposición

Olaa de novo!!

O post de hoxe, é algo especial por varios motivos. O primeiro porque se sae do que é habitual no blog, o segundo porque fai referencia a outro post que publiquei aló a comezos de decembro, e como último motivo, porque é algo que me fixo moita ilusión.

Todo comezou ca idea da miña amiga, Naír. Esta muller é un bule-bule de ideas, e aprobeita o seu traballo na pastelería para darlles forma. Ela propúxomo (con todas as comodidades) e como non, eu non fun quen de dicir que non... A idea?? crear unha exposición de fotos miñas. Naír, xa tiña en mente unhas, que resultaron ser das que publiquei no blog como xa vos dixen, e que poderedes lembrar aquí. Pero, como novidade, na exposición poderedes ver outras que non sairon no blog.




miércoles, 9 de enero de 2013

Galopín Argalladas

Olaaa!!

Pois xa remataron as festas.... pero cando nos descoidemos un pouco xa estaremos metidos de cheo no Entroido!!! xa tedes pensado o voso disfraz?? jajaja.

O post de hoxe vai adicado a un pequeno proxecto dunhas rapazas de Narón. Como vedes no título da entrada este proxecto ten un nome, Galopín Argalladas.



domingo, 6 de enero de 2013

Día de Reis

Olaa de novo!!!
como foron pasando estes días de Nadal?? e sobre todo hoxe! como se portaron os Reis Magos???
A xulgar polo que fun vendo no facebook, penso que nada mal!! fostedes tod@s moi bos e boas!! e iso está ben, porque ao final recompensouse :) jajaja.