domingo, 6 de enero de 2013

Día de Reis

Olaa de novo!!!
como foron pasando estes días de Nadal?? e sobre todo hoxe! como se portaron os Reis Magos???
A xulgar polo que fun vendo no facebook, penso que nada mal!! fostedes tod@s moi bos e boas!! e iso está ben, porque ao final recompensouse :) jajaja.






Hoxe traivos un post culinario e non culinario, si é algo así, non toleei, jajaja! Onte fun de cea de Reis, a un sitio que me encanta, e que xa non é a primeira vez que vou. Supoño que algúns saberdes del, e xa iriades, e outros saberedes del e nunca fostedes, ou simplemente non o coñeciades. O lugar en cuestión chámase O Mercado, e está situado nos soportais que hai enfrente á praza de abastos de Lugo.



aiii!! que ricoo! podedes degustar tapas e viños, e tamén desaiunos. Eu teño que dicir, que das veces que fun nunca fun capaz de cambiar de prato... esa hamburguesa totalmente artesanal de carne de vacún e de boi, e grande!! o prato componse dunha hamburguesa con cebola caramelizada e pan de tostada, e acompañada dunha ensalada e patacas chips. E o mellor de toto é a salsa.... que ademáis esconde un segredo.... está feita de mostaza e Coca-Cola!! e está boísima!



O local conta con dúas plantas, e coa terraza dos soportais. Nós onte tivemos sorte jijiji porque puidemos cear arriba e estaba todo reservado.



Podedes seguir o local en Facebook aquí. E se nunca fostedes, é un lugar moi recomendable, tamén para tapear e ir de viños.
Tedes algo máis de info aquí.

Outra das cousas que me gustou foi a súa tarxeta, xa que por detras trae unha cita de Don Álvaro Cunqueiro, mindonense por excelencia e gran cociñeiro e escritor de libros de cociña, si si! non só escribía contos! :D




E para case rematar o post de hoxe, querovos ensinar un dos regaliños que recibín por Reis...



un torques preciosísisisisisimooo de prata... só podo dicir grazas :)


e agora si, xa para rematar, darlle a enhoraboa ós rapaces do FSCastro, que onte quedaron 2º na maratón que organizou o seu club. Había moita calidade nos equipos, e eles comezaron con moi bo pé.
Deixovos o seu facebook aquí.


E pola miña parte nada máis, só desexarvos un bo día de Reis, un feliz ano novo! e unha apetitosa comida de Reis.

ata lernos!!!

aburr!!

Bicos mil!!! 


2 comentarios:

  1. Mola moito a pulsera!! Feliz día de reis a ti tamén ;). Seguirei o teu consello a cerca do restaurante....
    Espero ver pronto o post da mesilla.
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Pois se vas xa me diras e seguro que che vai gustar. Coa mesilla logo me ei ponher :).

    ResponderEliminar