viernes, 22 de febrero de 2013

Ideas para reciclar: usando palés :)

Olaaa!!

E deixando as raias e a cultura do rock e a moda do anterior post (aquí), hoxe ímos cambiar de rexistro.
Fai uns días xa, comecei a restaurar unha silla de pino, desas míticas plegables que aparentemente son feas, pero que cun pouco de traballo quedan totalmente diferentes, e nuns días espero poñer o proceso de restauración completo nun post, con fotos por suposto, e cos materiais que utilicei. Pero hoxe, só vos vou dar algunha idea para aqueles que vos animedes coa restauración e a reciclaxe.
Todos sabemos que os palés abundan por doquier, aínda que, teño entendido (e non sei se é certo) que son moi codiciados.... alguén me pode dicir se iso é certo e porque?? xD, en todo caso, se alguén por ahí ten algún e non o utiliza, saiba que lle pode valer para moitas cousas se o restaura un pouco.


miércoles, 20 de febrero de 2013

A cousa vai de raias...

Olaaa!!
Hoxe traiovos un post diferente. Xa hai tempo que me chamou a atención este estampado, e quixen recopilar varias fotos para ver como a xente da rúa o utiliza. A verdade que non é doado de levar...xa que discreto non é, pero ás veces diso se trata non? Este estampado non son exactamente as míticas raias, a novidade deste é, que as raias van en vertical, polo que se ven moi diferentes ás que van en horizontal. Fíxome lembrar un pouco a varias cousas... ao circo, á aqueles pantalóns que usaban os zancudos, á algunha época do rock dos 80, aquel glam rock que compartían grupos como Motley Crüe, Poison, Bon Jovi, Twisted Sister, Cinderella...etc, época dourada do hard rock, glam rock. Curioso, como o pasado volve, en diferentes formas, pero volve.