Hoxe traiovos un post diferente. Xa hai tempo que me chamou a atención este estampado, e quixen recopilar varias fotos para ver como a xente da rúa o utiliza. A verdade que non é doado de levar...xa que discreto non é, pero ás veces diso se trata non? Este estampado non son exactamente as míticas raias, a novidade deste é, que as raias van en vertical, polo que se ven moi diferentes ás que van en horizontal. Fíxome lembrar un pouco a varias cousas... ao circo, á aqueles pantalóns que usaban os zancudos, á algunha época do rock dos 80, aquel glam rock que compartían grupos como Motley Crüe, Poison, Bon Jovi, Twisted Sister, Cinderella...etc, época dourada do hard rock, glam rock. Curioso, como o pasado volve, en diferentes formas, pero volve.
Así pois, vou facer unha comparativa, desta nova tendencia que xa se ve en rúas e tendas, coa estética deses grupos dos 80, para reafirmar que o pasado nunca estivo tan de moda!
Motley Crüe |
o cantante de Twisted Sister |
Guns N'Roses |
Cinderella |
Bon Jovi |
Wig Wam (grupo Noruego actual, que rescata a estética glam rock dos 80) |
Photos by_Vogue.com, Stockholm-Streetstyle.com, Street Peeper
Que opinión sacades?? gústanvos estas verticais raias??
Creo que nunca queremos perder as vellas glorias, sexa dunha forma ou de outra, e neste caso trascende a través da imaxe e da vestimenta. Un mesmo estampado colocado en épocas diferentes e adecuado a estéticas diferentes, pero ao fin e ao cabo, coa mesma esencia.
ata lernos!!!!
BICOS MIL!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario