viernes, 22 de febrero de 2013

Ideas para reciclar: usando palés :)

Olaaa!!

E deixando as raias e a cultura do rock e a moda do anterior post (aquí), hoxe ímos cambiar de rexistro.
Fai uns días xa, comecei a restaurar unha silla de pino, desas míticas plegables que aparentemente son feas, pero que cun pouco de traballo quedan totalmente diferentes, e nuns días espero poñer o proceso de restauración completo nun post, con fotos por suposto, e cos materiais que utilicei. Pero hoxe, só vos vou dar algunha idea para aqueles que vos animedes coa restauración e a reciclaxe.
Todos sabemos que os palés abundan por doquier, aínda que, teño entendido (e non sei se é certo) que son moi codiciados.... alguén me pode dicir se iso é certo e porque?? xD, en todo caso, se alguén por ahí ten algún e non o utiliza, saiba que lle pode valer para moitas cousas se o restaura un pouco.





Que vos parece unha cama con aires zen? ou simplemente rústica :)

cabeceiro e base de palés cun toque de luz

ó máis estilo convencional

turquesa, e sendo algo máis que base para a cama :)


Se o da cama non vos convence, igual como mesiña de salón si!!

pintada de branco, con rodiñas e cristal 

palé sobre palé, e temos unha práctica estantería

aprobeitando tamén a superposición

con efecto envellecido para os máis retro

ó máis puro estilo Britpop, e que Deus salve a raíña!!

de tarima, de base para un sofa/cama e de mesiña!!

E se aínda non vos convencín, aínda me queda un as na manga...

un funcional recibidor


Que vos parece? cantas vidas pode ter este obxeto!! alguén se anima?? se o facedes xa me contaredes :) eu de momento vou rematar a silla, que despois teño unha mesiña de noite pendente para unha prima.

Espero que vos gustara e que vos dera algunha idea, que algún carto se pode aforrar agudizando o inxenio.

Ata lernos!!!!


BICOS MIL!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario